miércoles, 8 de octubre de 2008

A campaña humanitaria Axuda aos birmanos, pon arroz no seu prato! chega a Vigo Coa colaboración do Mercado do Progreso, a Federación Veciñal

A campaña humanitaria Axuda aos birmanos, pon arroz no seu prato! chega a Vigo
Coa colaboración do Mercado do Progreso, a Federación Veciñal e establecementos comerciais


Coa finalidade de prover de arroz á poboación birmana que sofre as consecuencias do paso do ciclón Nargis que causou 100.000 mortos e 50.000 desaparecidos, a delegación galega de Gandhiji Cultural pon en marcha en Vigo a campaña humanitaria Axuda aos birmanos, pon arroz no seu prato!.
A iniciativa busca unha maioritaria participación da cidadanía viguesa a través da aportacións económicas e de arroz que serán enviados a organizacións xestionadas polo pobo birmano que sofre desde hai máis de corenta anos unha das ditaduras máis brutais do planeta.
O desenvolvemento da campaña é posible grazas á colaboración de establecementos comerciais da cidade de Vigo nos que se instalaron huchas para a recollida de fondos. Mención especial merece a colaboración prestada a esta iniciativa por parte do Mercado do Progreso e da Federación Veciñal que participan activamente na campaña coa instalación de huchas nos postos do mercado e nas asociacións veciñais. As bocaterías Papo´s ou o restaurante Chilam Balam son outros establecementos nos que os cidadáns poden atopar huchas nas que realizar as súa doazóns.
Así mesmo existe unha conta na que os cidadáns que o desexen poden realizar as súas doazóns:

CAIXA DE CATALUNYA 2013 0015 12 0203679940

Aquelas persoas que precisen dun certificado da súa doazón poden solicitalo a Birmania por la Paz, birmaniaporlapaz@yahoo.es, adxuntando o nome e datos fiscais.
Mentres, a entrega de arroz, pode realizarse no primeiro andar do Mercado do Progreso, nas distintas asociacións veciñais, así como na tenda Allur do Casco Vello de Vigo.